Somos unha empresa galega adicada en corpo e alma ás nosas aves. Amamos a vida natural, os animais, o día a día na granxa. Respectamos a natureza e todo o que ela nos brinda. Admirámola.
As Rías Baixas son o noso fogar e o noso selo de identidade. Non, non somos como os demais, somos diferentes. Porque a nosa orixe é única, e o noso produto tamén.
Somos o polo das Rías Baixas. Somos Otres.
Coñécenos
Non hai outro igual
En Otres levamos máis de 50 anos garantindo que o que levas á túa mesa é o mellor produto do mercado. Calidade natural.
Todo o proceso de sacrificio, despezamento e elaboración é cento por cento artesán, cunha xestión global socialmente responsable.
O noso modelo de traballo e os nosos profesionais da avicultura controlan cada instante do proceso, dende o inicio ata o seu fin.
Dende o seu nacemento todos os nosos polos e galiñas pasan por controis veterinarios nos que se coida a súa saúde para lograr o seu correcto desenvolvemento.
Todos os nosos polos reciben unha alimentación natural que supón un crecemento máis lento. Isto logra unha carne moito máis densa, formada e de calidade.
Os nosos polos son criados por granxeiros galegos independentes, que baixo a nosa constante supervisión, coidan con esmero estes animais.
O polo de Otres ten o selo máis recoñecible das Rías Baixas
As temperaturas suaves, os veráns cálidos, a choiva equilibrada e sobre todo, o aire do mar. As Rías Baixas son un auténtico paraíso, non só para as persoas, tamén para os animais.
As nosas aves crecen gozando do día a día nesta contorna única e de pastos tenros durante todo o ano. Sen dúbida, as marabillas da natureza nas Rías Baixas e toda a atención e coidado que lles brindamos, fan do polo de Otres un polo único.
Co selo das Rías Baixas
Grazas a un proceso íntegramente controlado polos nosos profesionais, onde a alimentación é o alicerce fundamental, obtemos unha carne de altísima calidade cun sabor único e artesanal. Cunha fórmula propia de penso elaborada por Otres e un traballo diario exhaustivo, conseguimos unha carne moito máis densa e gustosa.
Cando un ovo é bo, nótase a primeira vista. Os ovos de Otres ofrécenche todo o sabor e valor nutricional que un ovo debe ter. A súa alta calidade é froito dun coidado continuo das galiñas e o seu sabor non é máis que o reflexo dunha vida atendida e controlada polos mellores profesionais.
Contáctanos
Tel.: 986 71 00 28
Fax: 986 71 80 89
Barrantes - Ribadumia (Pontevedra)
PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. MATADERO AVICOLA OTRES, S.L., como responsable del tratamiento, tratará sus datos para gestionar sus solicitudes de información, dudas, consultas, sugerencias o quejas. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.
Denominación do Proxecto subvencionado: “PROXECTO DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA EN AVICOLA OTRES”
Denominación do Proxecto subvencionado: “PROXECTO DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA EN AVICOLA OTRES LED”
A Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), apoia este Proxecto de Modernización das nosas instalacións. Estamos así a mellorar o sistema de enfriamento dos polos sacrificados no seu paso polo túnel de oreo, buscando unha maior eficiencia, que nos levará a reducir costes enerxéticos e a mellorar a calidade do produto, contribuindo ademáis á reducción da pegada de carbono.